10 de ago. de 2026

TUI

Tui celebra o sábado, 15 de agosto, a Festa do Miño con música e gastronomía

 A rúa Compostela acollerá a dez asociacións que ofertarán diversos pratos. Contarase coa actuación da charanga A tu Ritmo, Fanfarria Taquikardia e de Mekánica Rolling Band 


Posto de sobremesas variadas, nunha edición precedente da Festa do Miño
Foto: CT

Infogauda/Tui

 O vindeiro sábado, 15 de agosto, Tui vivirá a Festa do Miño coa gastronomía e a música coma protagonistas. A cita estará na rúa Compostela na que se vai celebrar a festa gastronómica pondo en valor os pratos típicos galegos, tendo cabida tamén outras elaboracións, e onde sempre atopamos novas propostas. Da man de dez asociacións culturais dende ás 20 h poderanse degustar, a prezos que oscilan entre o 1 e os 4 euros, gran variedade de produtos. Así haberá tortilla, empanadillas, empanada, empanada de millo, bocadillos variados, brocheta, minipizzas, croquetas, quiche, arepas, trenza de xamón e queixo,... e de sobremesa biscoito, bica, tarta de queixo, rosquillas, macedonia, tartas de mazá, de tres chocolates, de piña ou de améndoa, leite frita,...

 Participarán cos seus postos a Asociación Cultural Cristo da Agonía, de Baldráns; a Banda de Gaitas Guillarei, de Guillarei; a Asociación Cultural Laxes de Paramos; a Asociación O Mosteiro,de Pesegueiro; a Asociación de Riomuíños; a Asociación de San Bartolomeu; a Asociación Cultural Seixos Albos, de Areas; a Asociación do Traxe Tradicional; a Comisión Virxe das Dores, de Guillarei; e a Asociación Cultural Xuntanza de Randufe.   

 A festa gastronómica do Miño terá como complemento perfecto a música coa actuación dende ás 20 h da charanga tudense A tu ritmo, continuará ás 21.30 h con Fanfarria Taquikardia e para o fin de festas contarase con Mekánica Rolling Band. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario