21 de xul. de 2026

VAL MIÑOR

Xeiras do IEM verán 2026

"Evolución dunha comunidade: A Foz"


IEM/Val Miñor

 A Foz do Miñor é un espazo natural de gran valor ecolóxico, onde a interacción entre o rio, o mar e as zonas húmidas deu lugar a unha extraordinaria diversidade de fauna e flora. Ao longo do tempo, este ecosistema foi evolucionando e adaptándose aos cambios naturais e á presenza humana, converténdose nun lugar privilexiado para observar aves, plantas e outros organismos propios das rías galegas.  

 Convidámosvos a participar nunha ruta guiada para coñecer de preto a riqueza ambiental da Foz do Miñor, descubrir como evolucionou este espazo e comprender a importancia da súa conservación.  

Data: Martes, 21 de xullo 

Hora de saída: 17:00 h 

Punto de encontro: Entrada ó Camping Ladeira

Guías: Marcos Lago e Xosé Ramón García

Ningún comentario:

Publicar un comentario