24 de xul. de 2026

TOMIÑO

O Pasaporte ADETO volve ao comercio de Tomiño 

  A Asociación de Empresarios ADETO vén de anunciar unha nova edición da súa emblemática campaña 




Gonzalo Lomba/Tomiño 

 Como cada verán, os negocios de Tomiño prepáranse para repartir e selar miles de Pasaportes entre os seus clientes máis fieis. A campaña repite a súa mecánica: seis semanas para conseguir seis selos diferentes dos negocios locais e poder gañar ata 300€ para mercar en Tomiño. Pero tamén esta edición tamén trae novidades.  

 ADETO repartirá regalos directos para os 100 primeiros Pasaportes completos que se entreguen e organizará unha xornada final de compras para que todos os clientes do comercio local poidan completar o seu Pasaporte antes do gran sorteo final, o venres 4 se setembro.  

 Pero tamén aqueles que non consigan completar o seu Pasaporte poderán obter premio: neste caso, dous premios de consolación ofrecidos por Viajes Galicíes e Mauna Kai que patrocinan esta edición da campaña xunto a La Dulcekatta, Chévere, Fortaleza do Vento, Librería Ideas e A Cova dos Manxares.  

 O Pasaporte ADETO encádrase dentro do proxecto de dinamización comercial levado a cabo por ADETO coa financiación da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario