As Xeiras de Verán do IEM 2026
IEM/Gondomar
As Xeiras do IEM son un programa de roteiros guiados que invita a descubrir o patrimonio natural, histórico, arqueolóxico, xeolóxico e cultural da comarca do Val de Miñor e Baixo Miño. A través de itinerarios interpretados por persoas expertas, ofrecen unha oportunidade única para coñecer a nosa contorna desde unha mirada divulgativa, rigorosa e próxima.
“Descubre o territorio, comprende a súa historia”.
As pasaxes para as Xeiras Náuticas polo mar de Baiona e Panxón estarán dispoñibles nos vindeiros días. En canto se abra a venda, informarémolo a través das nosas canles habituais. Grazas pola vosa paciencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario