AECT Rio Minho presenta 10 experiencias para descubrir o territorio transfronteirizo
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño presentou este venres, no Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño, o programa "Un Río, Dous Países, 10 Experiencias"
Foto: AECT Río Miño
Lara Rodríguez/Salvaterra de Miño
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño presentou este venres, no Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño, o programa "Un Río, Dous Países, 10 Experiencias", unha iniciativa que invita a residentes e visitantes a descubrir o territorio transfronteirizo a través da natureza, a historia, o patrimonio e a paisaxe.
Desenvolvido no marco do proxecto VISIT_RÍO_MIÑO_PLUS, cofinanciado polo Programa Interreg VINA España–Portugal (POCTEP) 2021-2027, o programa forma parte do traballo impulsado pola AECT Río Miño para a creación de produtos turísticos conxuntos e para a consolidación do territorio como un destino integrado, sostible e diferenciado.
Con 10 percorridos distribuídos entre os meses de xullo e setembro, a iniciativa abarca os 26 municipios do territorio. As experiencias, estruturadas a partir dos productos turísticos "Natureza e Paisaxe" e "Patrimonio Histórica e Fortalezas", inclúen actividades a pé, en bicicleta e en autobús, vinculadas o patrimonio histórico, as fortalezas, a paisaxe, os espazos termais e as tradicións locais.
O programa comeza esta fin de semana con dúas experiencias dedicadas ao patrimonio fortificado do territorio. O sábado, 11 de xullo, terá lugar as percorrido "Fortalezas Atlánticas", entre Vila Nova de Cerveira, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. O domingo, 12 de xullo, celebrarase a experiencia "Fortalezas do Alto Miño", que une Monção, Salvaterra de Miño, Valença e Tui.
Esta iniciativa súmase ao programa "Vive o Río Miño ao Máximo", posto en marcha o pasado 29 de xuño, que inclúe 26 actividades náuticas distribuídas por distintas tramos do río, con 300 prazas dispoñibles, das cales 100 están destinadas a profesionais do sector turístico e 200 ao público en xeneral.
En conxunto, ambas as iniciativas buscan achegar a residentes e visitantes aos recursos naturais, culturais e históricos do territorio, apoiando os operadores turísticos locais e promovendo novas formas de descubrir o río Miño.
As inscricións e a programación completa están dispoñibles nas plataformas oficiais do proxecto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario