23 de xul. de 2026

A GUARDA

O VIDOC VOLVERÁ Á GUARDA EN AGOSTO 

  Para a expedición e renovación do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte

 



Infogauda/A Guarda

 O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá no mes de agosto para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).

 Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do vindeiro mércores, 29 de xullo, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono 986 61 00 00 a partir das 9:00 horas. 

 O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na praza do Reló, o mércores 5 e o martes 25 de agosto. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa. 

 Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe aportar unha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso. 

 As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario