21 de xul. de 2026

A GUARDA

OBRADOIRO GRATUÍTO DE PERCUSIÓN – CAIXA, DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2026 




Infogauda/A Guarda

 O vindeiro 3 de agosto, na parte alta do Montiño, impartirase un obradoiro gratuíto de percusión, aberto a todas as persoas que queiran achegarse e aprender.  

 Durante o obradoiro traballaranse as nocións básicas para tocar a caixa: como coller correctamente as baquetas, a postura, exercicios básicos, como facer soar ben o instrumento e aprenderemos diferentes toques das bandas, coñecendo tamén un pouco a súa orixe e de onde veñen.  

 Ademais, veremos nocións básicas sobre como montar unha caixa, colocar os parches e a bordoneira e como afinar o instrumento correctamente.   

 Importante: Cada participante deberá levar a súa propia caixa para poder practicar e aprender os diferentes toques durante o obradoiro.  

 Se precisades facer unha posta a punto da vosa caixa, cambiar os parches, revisar a bordoneira ou realizar algún traballo de mantemento, podedes poñervos en contacto previamente con Miguelito a través do seu WhatsApp e reservar unha cita para tela preparada antes das Festas do Monte.  

 O día do obradoiro non se recollerán caixas nin se realizarán traballos de posta a punto, reparación ou mantemento. Esa xornada estará dedicada exclusivamente ao obradoiro e á aprendizaxe: postura, agarre das baquetas, exercicios, toques e nocións básicas para montar e afinar correctamente unha caixa.  

 Para coñecer a data límite de entrega das caixas para a súa revisión, escribídelle directamente a Miguelito e el informaravos.  

 A actividade é totalmente gratuíta. O único requisito é inscribirse previamente nos números de WhatsApp que aparecen na parte inferior do cartel, para saber cantas persoas participarán e poder organizarnos mellor.  

 Animádevos! Todo o mundo é benvido!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario