10 de xul. de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PROHIBE TEMPORALMENTE O BAÑO NA PRAIA DA ARMONA POR CONTAMINACIÓN MICROBIOLÓXICA 

A medida permanecerá vixente ata que a contraanálise confirme que a calidade da auga volve cumprir cos parámetros sanitarios establecidos para garantir un baño seguro 



Infogauda/A Guarda

 Na mañá deste venres, día 10 de xullo de 2026, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo a seguinte nota:

 "O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia da Armona tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica que supera os límites establecidos para autorizar o baño. 

 Ante esta situación, e co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias, o ente municipal procedeu á prohibición do baño nesta praia, medida que xa está en vigor dende hoxe, 10 de xullo, e ata novo aviso. 

 A restrición manterase ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente, permitindo así o baño en condicións de seguridade. 

 O Concello da Guarda informará da evolución desta situación e comunicará o levantamento da prohibición tan pronto como a Consellería de Sanidade confirme que a calidade da auga é apta para o baño". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario