5 de xuño de 2026

VIGO

Concentración do persoal de Iberconsa

 O luns, 8 de xuño de 2026, de 13:00 a 15:00 horas, diante da empresa Iberconsa, no peirao de Bouzas




Infogauda/Vigo

 O cadro de persoal de Iberconsa, compañía dedicada á distribución de produtos conxelados do mar, decidiu en asemblea desenvolver unha concentración diante das instalacións da empresa no peirao de Bouzas para reclamar melloras laborais.  Será o luns, 8 de xuño de 2026, de 13:00 a 15:00 horas, diante da empresa Iberconsa, no peirao de Bouzas.

 O comité, presidido pola CIG, intentou negociar un acordo que mellore as condicións do convenio estatal de elaborados do mar, pero a dirección négase en rotundo e remítese ao actual convenio a pesar de que contempla uns salarios moi baixos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario