4 de xuño de 2026

TOMIÑO

A Federación Galega de Motonáutica realizará as probas para a licenza de navegación para motos náuticas e pequenas embarcacións  

•   A actividade terá lugar o vindeiro venres, 12 de xuño na zona do río próxima ao Espazo Fortaleza de Goián  




Infogauda/Tomiño

 O vindeiro venres, 12 de xuño, a Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tomiño, realizará as probas para conseguir a licenza de navegación para motos náuticas de calquera potencia ou embarcacións recreativas de ata 6 metros de eslora, con navegación diurna de ata 2 millas. As persoas que conten coa autorización federativa ‘Titulín’ poden conservala coas atribucións que tiñan ata o de agora ou canxeala por esta nova licenza de navegación coa realización de 4 horas prácticas. 

 As devanditas probas terán lugar no río Miño na zona próxima ao Espazo Fortaleza e praia de Goián, onde se conta ademais cun pantalán para embarcacións de recreo e motos náuticas. 

 Para máis información e inscricións chamar ao número de teléfono  986 222 440 ou enviar un correo electrónico a rfg.motonautica@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario