4 de xuño de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA INFORMA DOS CORTES DE TRÁFICO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO CORPUS CHRISTI QUE AFECTARÁN A DIVERSAS RÚAS DO MUNICIPIO 

•   As restricións de circulación e estacionamento entrarán en vigor ás 2:00 horas da madrugada do domingo 7 de xuño 



Infogauda/A Guarda 

 O Concello da Guarda informa dos cortes de tráfico e restricións de estacionamento que se levarán a cabo con motivo da celebración do Corpus Christi e da elaboración das tradicionais alfombras florais que percorrerán distintas rúas do municipio. 

 A partir das 2:00 horas da madrugada do domingo 7 de xuño, a Policía Local da Guarda procederá ao corte das rúas Hernán Cortés, Malteses, Concepción Arenal, Brasilino Álvarez Sobrino, Antonio Alonso e dun tramo ascendente da rúa Oliva. 

 Dende ese momento quedará prohibido tanto o estacionamento como a circulación nestas vías ata o remate da procesión do Corpus Christi, que dará comezo ás 18:00 horas desde a igrexa parroqauial de Santa María da Guarda. Previamente celebrarase a misa ás 17:30 horas no mesmo templo. 

 Co obxectivo de facilitar a mobilidade durante a xornada, habilitarase un cambio de sentido na rúa Julián López, permitindo así o acceso ao aparcadoiro público da rúa Brasilino Álvarez Sobrino ata o inicio da procesión. 

 Así mesmo, todas aquelas persoas que necesiten acceder á zona portuaria deberán facelo polo acceso sur, a través do desvío habilitado pola estrada de Circunvalación e seguindo pola avenida Fernández Albor. 

 Ao longo de toda a xornada, e dende a hora fixada para os cortes de tráfico, a Policía Local da Guarda controlará os accesos e os distintos puntos de corte co fin de garantir que a confección das alfombras florais e os actos relixiosos do Corpus Christi se desenvolvan con seguridade e normalidade. 

 O Concello da Guarda agradece a colaboración e comprensión da veciñanza ante estas restricións temporais, necesarias para o correcto desenvolvemento dunha das celebracións máis tradicionais e emblemáticas do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario