FÚTBOL
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Este domingo, 10 de maio, ás 17:00 horas, no Campo municipal A Sangriña, de A Guarda disputarase un encontro de fútbol correspondente a 33ª xornada - a penúltima - da Liga de 1ª FUTGAL - Grupo 6.
Os equipos que participarán nese partido serán o Sporting Guardés e a U.D. Ribera, de O Rosal.
Será o último - desta temporada - partido de máxima rivalidade comarcal, na que o conxunto local, posicionado no chanzo 4º da táboa clasificatoria, e con 58 puntos, preséntase a priori como favorito.
Polo que respecta a U.D. Ribera, situado a día de hoxe, no posto 13º da táboa, con 38 puntos, é o equipo que terá que pórse, sí ou sí, o traxe de faena para tentar rozar - se llo permiten os anfitrións - algo positivo no sintético do municipal da Sangriña, pois ainda que por debaixo do equipo rosaleiro están situados o Tomiño F.C. e o Caselas C.F., con 36 e 32 puntos, respectivamente, e en posición de descenso atópanse o C.D. Caldelas, a UVCD Candeán e o Goián, C. F., con 29, 23 e 9 puntos, respectivamente, unha vitoria na Guarda sería para a U.D. Ribera unha tranquilidade absoluta.
Con todo, os seareiros do Rosal e os da Guarda, terán oportunidade de gozar cun encontro que ten atractivo de seu. A ver se a climatoloxía ofrece unha tarde agradable para que todo o mundo poida asistir a este derbi comarcal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario