ATLETISMO
Un ano máis a Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) reloce no XVII Campionato Xunta de Galicia de milla e 1 km
Con Ainoa Conejo Bascoy, Nadia Conejo Bascoy, Sergio Silva Souto e Belén Bascoy Cao, coa familia Bascoy como protagonista.
Redacción Deportes / A Guarda
O pasado domingo, 12 de abril de 2026, a Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) volveu demostrar o seu gran estado de forma no XVII Campionato Xunta de Galicia de milla e 1 km, celebrado en Redondela. O equipo logrou un salientable botín de catro medallas: un ouro, unha prata e dous bronces, confirmando o excelente traballo de base do club.
O circuíto, completamente urbano e situado no centro da vila, esixiu o mellor de cada atleta nunha xornada de gran nivel competitivo. As cores do Trega cegan con máis forza que nunca.
A xornada comezou coa categoría Sub10 feminina, onde Ainoa Conejo Bascoy (A Guarda), atleta novel, saíndo como unha bala, proclamouse campioa galega no 1 km, logrando a medalla de ouro cunha gran actuación.
A continuación, en Sub14 feminina, Nadia Conejo Bascoy (A Guarda), tamén atleta novel, conseguiu unha valiosa medalla de bronce no 1 km, sumándose ao éxito do equipo e da familia.
Na categoría Sub16 masculina, foi a quenda de Sergio Silva Souto (Tomiño), atleta novel na categoría, loitando de ti a ti cos mellores de Galicia, mesmo maiores que el. Ademais foi o máis salientable dos nosos atletas na súa proba, cun rexistro de 2´45", asinando unha actuación de sobresaliente.
A xornada pechouse coa proba da milla, onde a veterana Belén Bascoy Cao (A Guarda) asinou unha gran actuación para colgarse a medalla de prata en categoría máster 40, poñendo o broche final a un día inesquecible para a familia Bascoy.
O resto do equipo tamén deixou moi boas sensacións con varias actuacións salientables en diferentes categorías:
- Eloy Rodríguez Lorenzo, na milla, posto 5º (máster 40 masculina), cun crono de 5´10".
- Adela Vasconcellos Rodríguez – 6ª (Sub12 feminina)
- Alba Vasconcellos Rodríguez – 5ª (Sub16 feminina)
- Lucas González Pérez – 7º (Sub10 masculina)
- Hugo Rodríguez Gómez – 10º (Sub14 masculina)
- Xoel Pérez Montero – 18º (Sub14 masculina)
- Martín Rodríguez Castro – 19º (Sub14 masculina)
- Sofía Piñeiro Casaleiro – 26ª (Sub12 feminina)
- Martín Piñeiro Casaleiro – 30º (Sub14 masculina)
En definitiva, unha xornada para o recordo na que a Sociedade Atlética do Trega volveu deixar pegada no atletismo galego, reafirmando o seu crecemento, o talento dos seus atletas noveis e o papel protagonista da familia Bascoy nun día brillante para o club.

Ningún comentario:
Publicar un comentario