A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte Santa Trega 2026
• Este posto súmase á gastroneta de Juan Collazo, da tarde do sábado, na praza Avelino Vicente
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, con Sonia Barbosa Rodríguez, emprendedora guardesa, e José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Comisión de Festas do Monte Santa Trega, 2026
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A churrería Santa Tecla, de Sonia Barbosa Rodríguez, súmase o próximo sábado á gastroneta da praza de Avelino Vicente. Este posto ofrecerá churros e chocolate quente para completar a cea co sándwich “Galicia en pan” de Juan Collazo Abuín.
Trátase dunha colaboración coa Comisión das Festas do Monte Santa Trega, polo que parte do prezo de 4€ por ducia de churros irá destinado á organización, así como do resto da oferta do posto.
Agardámosvos o próximo sábado 4 de abril de 19:00 a 23:00 horas, na praza de Avelino Vicente.
Esta actividade conta coa organización e colaboración do Concello da Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario