Concentración da comunidade educativa do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Manuel Antonio, de Vigo
• Este xoves, 5 marzo de 2026, ás 12:30 horas, diante do edificio administrativo da Xunta en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8)
Infogauda / Vigo
A comunidade educativa do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Manuel Antonio de Vigo desenvolverá, co apoio da CIG-Ensino, unha concentración diante da delegación da Xunta de Galiza na cidade, este xoves, ás 12:30 horas, coincidindo co paro de tres horas (de 12:00 a 15:00) convocado para esixir seguridade nos traballos de acondicionamento do centro.
Mais tamén para denunciar a “falta de democracia” instaurada nos CIFP dende que as direccións xa non son escollidas pola comunidade educativa, “senón a dedo pola Consellaría”. O que neste caso provocou unha coordinación “mínima” no que ten que ver coas obras e coas súas consecuencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario