UN NIÑO DE VESPA VELUTINA A PROBA DE BORRASCAS CON NOME
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A simple vista, á imaxe que acompaña esta crónica poida que non sexa todo o elocuente que o asunto require. Cecais por iso, ainda que este cronista comunicou súa presenza vía mensaxería instantánea, e o destinatario - unha persoa con cargo público no Concello de A Guarda - dar conta da súa recepción; a día de hoxe, martes, 3 de marzo de 2026, logo de haberen transcorrido 19 días dende a data do aviso - incluíndo dúas fotografías -, o niño de vespa asiática (Vespa velutina), continúa na súa ubicación - na paraxe de Lonzán (Polígono 6 - entre a parcela 270 e a 273), na parroquia de Salcidos (A Guarda) a escasos 20 metros de distancia - medidos horizontalmente - desde a parte posterior da Cruz da Cova, en dirección Pintán, e a súa vez, a uns 10 metros de altura sobre o nivel do chán -, sen que nada nin ninguén dificulte súa existencia. Ao contrario, seu volume crece paulatinamente, como temos comprobado.
Cando nos percatamos da súa existencia - o pasado día 12 de febreiro - o niño presentaba unha semellanza cos muiños de vento existentes en Consuegra, Campo de Criptana e Mota del Cuervo, entre outros lugares. Actualmente, ten unha protuberancia orientada deica o nacente.
Por iso, e para que logo ninguén teña que decir nada ao respecto, decidimos facer público a existencia dese niño de vespa asiática, por este medio.
Hai que ter en conta que polas inmediacións do lugar onde se atopa o devandito niño de Vespa velutina, pasan persoas camiñando, así como en automóviles, bicicletas, ciclomotores e tractores.
Asemade, nesa zona hai actividade gandeira, con presenza de varias cabezas de gando vacún, que pacen en diversas parcelas, as cales son conducidas por persoas que están ao seu coidado.
Hai, pois, motivos máis que suficientes para que por parte de quen proceda, se de o aviso ao número de teléfono - 012 - habilitado para iso. Non temos constancia de que ese aviso fose dado, ou non. O que sí sabemos é que o niño de Vespa velutina continúa empoleirado nunha árbore como se nada acontecera. Mesmo superou con éxito as diferentes borrascas habidas ata o de agora neste inverno.
Haberá que agardar a que teñamos que lamentar algún sinistro causado polos referidos insectos?

Ningún comentario:
Publicar un comentario