O CSIC busca na Guarda voluntarios para o proxecto XSCAPE-Material Minds
• O proxecto busca demostrar a hipótese do cambio cognitivo humana baseado na materialidade
Infogauda / A Guarda
Os investigadores do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Axencia Estatal para á investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico, precisan voluntarios para o seu proxecto XSCAPE-Material Minds.
O obxectivo do proxecto XSCAPE - Mentes Materialistas é analizar como nosa cultura material (ferramentas, vasillas, vestimenta, utensilios, construcións, paisaxes, etc.), modifica activamente os patróns humanos de atención e procesamento da información.
Para iso, XSCAPE reúne a especialistas en investigación neurocientífica e ciencias cognitivas con profesionais da arqueoloxía, a antropoloxía e a filosofía, utilizando unha metodoloxía multidisciplinar e experimental.
XSCAPE é un proxecto en desenvolvemento, pero as análises iniciais xa demostraron, por exemplo, que cada estilo cerámico impón unha forma diferente de ser observado. Isto implicaría que os cambios estilísticos están relacionados con cambios cognitivos, ademais de con procesos históricos.
O estudo estase levando a cabo en España, a través dos Institutos de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) e do de Neurociencia (IN) do CSIC; en Reino Unido, na Universidade de Sussex; e na Alemaña, na Universidade de Kiel.
Para iso, as persoas voluntarias explorarán diversos obxectos ou imaxes coa súa mirada durante 10 ou 15 minutos. O estudo realizarase o luns, día 23 de marzo e é obrigatorio inscribirse previamente antes do venres, día 13: https://forms.gle/RxwNSCXRdhb5E3Yq7.
As persoas voluntarias recibirán algún tipo de agasallo como compensación pola súa participación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario