2 de mar. de 2026

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO

Damián Alonso Alonso vén de lograr dúas novas medallas de prata

 No Campionato do Mundo de remo ergómetro virtual


 Damián Alonso Alonso 
Foto: Cedida

Redacción Deportes / A Guarda

 Damián Alonso Alonso (A Guarda, 1982) vén de realizar unha gran participación no Campionato do Mundo de remo ergómetro virtual na modalidade sprint. 

 Tanto é así, que o atleta guardés logrou dúas medallas de prata, proclamándose subcampión do mundo na súa categoría (peso lixeiro homes), na proba de 1’ (362 metros) e de 1.000 metros (3:08.6).

 Cómpre salientar que na proba de 1’ o vencedor foi o finlandés Markus Ilmarinen, con 367 metros. 

 E en terceira posición o británico Juan Carson con 354 metros.

 No que respecta a regata de 1.000 metros, o 1º clasificado foi Markus Ilmarinen, cun crono de 3:04.0.

 A 3ª posición, foi para o australiano Luke Shofield, cun rexistro de 03.10.6.

 Dese xeito, grazas ao seus adestramentos e formidable fortaleza física e mental, Damián Alonso Alonso sitúa, unha vez máis, o deporte do concello de A Guarda nun destacado lugar a nivel internacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario