CAMPOSANCOS APROBA OS ORZAMENTOS MÁIS GRANDES DA SÚA HISTORIA
Mª Mercedes Martínez Vázquez (Merchi): “estas contas permítennos seguir mellorando a infraestrutura de augas, as subvencións ás entidades deportivas e culturais e á Festiña Camposina”
Infogauda / Camposancos
A Entidade Local Menor de Camposancos (ELM) vén de aprobar por unanimidade os orzamentos para o ano 2026 por un valor de 176.000 €, o que supón un incremento do 12,5% con respecto aos do 2025.
A presidenta da ELM de Camposancos, Mª Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), manifestou que este importante incremento de fondos permitirá continuar mellorando todo o relativo ás infraestruturas da traída de augas así como as subvencións a entidades deportivas e culturais, entre elas á Festiña Camposina.
Martínez expuxo que “este incremento nos fondos da entidade foi posíbel grazas á revisión do convenio que regula a participación da ELM nos impostos do concello que tiñamos dereito a percibir, á actualización de arrendamentos, á renovación do contrato co Codesal e á modificación da ordenanza de augas que anteriormente era un servizo deficitario”.
A presidenta da entidade agradeceu o voto favorable das forzas políticas da oposición a estes orzamentos que van permitir seguir mellorando a vida das persoas de Camposancos.
%20(1)%20(1).jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario