11 de mar. de 2026

TUI

Aberta a inscrición para a Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato 

•   Celebrarase o sábado 11 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo 




Infogauda / Tui

 Dende hoxe, 11 de marzo, e até o martes 7 de abril está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato organizada conxuntamente polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui.  

 A carreira comezará ás 11 h para as categorías senior, xuvenil, junior e veteranos cunha distancia de 6.225 metros nun circuíto urbano.  Unha hora despois será a quenda dos cadetes e infantís con 1.600 metros, ás 12-15 h os alevíns con 700 m, ás 12.30 h benxamíns cun percorrido de 350 m. Os máis pequenos pecharán esta proba deportiva cun percorrido de 175 metros para os prebenxamíns ás 12.45 h, e de 80 metros, para os pitufos ás 13 h.  

 A inscrición é gratuíta. A proba ten carácter solidario polo que momento de recollida do dorsal realizarase a “Operación Quilo” coa entrega de 1 quilo de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño - Baixo Miño.  

Formulario inscrición   

Ningún comentario:

Publicar un comentario