`Papá, imos a Tomiño’ nova campaña do comercio local tomiñés
• A campaña abarca do 4 ao 19 de marzo e sortea tres vales de compra
Gonzalo Lomba / Tomiño
Con motivo do Día do Pai, ADETO e os comercios de Tomiño lanzan a campaña Papá, imos a Tomiño para premiar as compras feitas entre o 4 e o 19 de marzo nos establecementos pertencentes á asociación.
Os clientes só terán que escanear o código QR presente en todos os negocios participantes e subir o ticket da súa compra para entrar de xeito automático no sorteo de 3 vales: 25€ para mercar, 25€ para coidarse e 25€ para tomar algo.
O sorteo celebrarase o día 20 de marzo entre todos os tickets válidos e as persoas gañadoras serán contactadas para que poidan desfrutar do seu premio nos establecementos de Tomiño.
A campaña enmárcase dentro da liña de actuacións de ADETO para fomentar o comercio local e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario