ATLETISMO
Ouro para Álex Sierpes, e prata para Christian Sierpes
• No XX Campionato Xunta de Galicia Sub20 de pista cuberta, celebrado en Ourense
Redacción Deportes / A Guarda
Os guardeses Sierpes Pereira, brillaron este domingo 1 de marzo no XXX Campionato Xunta de Galicia Sub20 de pista cuberta, celebrado en Expourense (Ourense), defendendo as cores do club Vicky Foods Athletics.
Álex Sierpes Pereira competiu nos 3.000 metros lisos, cruzando a liña de meta cunha discreta marca de 8:30.84 logrando a medalla de ouro. E seu irmán Christian Sierpes Pereira, que correu na proba dos 1.500 metros, fixo un rexistro de 4:06.83, e logrou a medalla de prata.
Con estas medallas, os irmáns Sierpes Pereira regresan a casa cun ouro e unha prata, deixando unha xornada moi positiva para o seu club, a súa localidade e grupo de adestramento.
Felicidades!


Ningún comentario:
Publicar un comentario