3 de mar. de 2026

A GUARDA

O alcalde da Guarda visita ‘A máis bonita’ tras a súa reapertura coa nova xerencia   

O local destaca pola súa terraza con vistas ao porto, á vila e ao monte Santa Trega  


O alcalde de A Guarda con María Castro, nova xerente de “A máis bonita”
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello vén de facer público que "o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.  

 A principios deste ano, “A máis bonita”, un dos bares localizados no paseo marítimo, reabría coa nova xerencia de María Castro.  

 Nesta nova etapa do local destaca a temática relaxada e relacionada co surf e o mar, onde claramente resalta a terraza con vistas ao porto e ao resto da vila e monte Santa Trega. Neste senso, a nova xerencia xa pensa en melloras para potenciar esta terraza.  

 Roberto Carrero felicitouna por “sacar o mellor partido a un local cun gran potencial e darlle unha nova oportunidade a este negocio”. 

 “A máis bonita” ofrece desde ás 7:00h almorzos, e despois unha carta con tortillas, táboas, pizzas, perritos... Ademais María destaca o “bo ambiente” coa organización tamén de aniversarios ou pequenas celebracións.  

 Moita sorte a “A máis bonita” nesta nova etapa!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario