4 de mar. de 2026

A GUARDA

O alcalde da Guarda visita ‘Terraverde Vinoteca’ tras a súa reapertura coa nova xerencia   

O local aposta pola calidade e produto de orixe apoiando a D.O. Rías Baixas 


No día de onte, o alcalde visitou Terraverde Vinoteca, coa súa nova xerencia
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello guardés vén de facer público que "o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.  

 No día de onte, o alcalde visitou Terraverde Vinoteca, coa súa nova xerencia que aposta pola calidade e o produto de orixe, apoiando a Denominación de Orixe Rías Baixas.  

 Desde Terraverde Vinoteca cren que “respaldar Rías Baixas é defender o traballos dos nosos viticultores, a excelencia dos nosos viños e a identidade da nosa terra”.  

 O alcalde afirmou que “o impulso destas iniciativas non só promoven o comercio local, senón que tamén poñen en valor as nosas denominacións de orixe, fortalecendo a economía e a cultura vitivinícola da rexión”.  

 Moita sorte a Terraverde Vinoteca nesta nova etapa!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario