Tomiño impulsa o seu comercio local cun ambicioso plan formativo
• O prazo para anotarse remata o 27 de febreiro
Gonzalo Lomba / Tomiño
ADETO e o Concello de Tomiño poñen en marcha o Plan Formativo 2026, un ambicioso programa formativo adaptado as necesidades das empresas da vila que busca impulsar a súa competitividades sen perder a súa esencia.
Escaparatismo, mellora da rentabilidade, uso da IA no pequeno comercio, técnicas de venta, son só algúns dos contidos que se abordarán neste itinerario formativo elaborado con Informática San Benito.
A formación enmárcase dentro do plan de dinamización do comercio local de ADETO e ten carácter gratuíto grazas a financiación da Xunta de Galicia, a través da Orde CO300A, e do Concello de Tomiño.
Neste momento quedan só unhas prazas libres e o prazo para inscribirse remata o 27 de febreiro polo que as persoas interesadas teñen ata ese día para contactar con ADETO e cubrir o formulario de inscrición.

Ningún comentario:
Publicar un comentario