10 de feb. de 2026

TOMIÑO

Fai match co comercio de Tomiño

   Os negocios de Tomiño reparten 50 premios entre os seus clientes




Gonzalo Lomba / Tomiño

 Dar “like”, facer “match”, ou ser un “crush”, a linguaxe do amor modernízase pero todo se resume no mesmo: conectar con alguén. E nos comercios de Tomiño queremos conectar contigo, polo que te propoñemos que “fagas match” coa nosa nova campaña.  

 Estes días, coa túa compra nos establecementos asociados a ADETO recibirás medio corazón e se consegues as dúas metades que coincidan… temos un regalo para ti. Unha noite para 2 no Hotel Nova Colina, almorzos para 2 en La Dulcekatta ou hamburguesas para desfrutar en parella en La Dulcekatta gastroneta durante o Entroido de Goián, un regalo sorpresa de Mauna Kai, caixas de bombóns, mochilas de ADETO, e así ata 50 premios directos para os clientes do comercio local.  

 A campaña enmárcase dentro do plan de dinamización do comercio local de ADETO, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño e comeza este mércores 11 de febreiro ata que todos os premios sexan entregados. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario