O alcalde inicia unha campaña de promoción e apoio aos novos establecementos da Guarda
• Mediante visitas e difusión das súas actividades
Infogauda / A Guarda
“O alcalde da Guarda, nunha clara aposta pola economía local, inicia unha campaña de promoción aos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores”, afirman desde o grupo de goberno de A Guarda.
“O alcalde da Guarda comeza, neste mes de febreiro, unha campaña de difusión das actividades dos novos establecementos abertos a partires de xaneiro do 2026, dando o seu apoio aos emprendedores e facendo visible o seu negocio nas redes sociais do Concello da Guarda, iniciativa que se coordina dende a concellería de Empresa, Comercio, Industria, Emprego e Innovación Tecnolóxica.
O primeiro deles é ORGÁNI(ca): centro innovador de saúde integrativa e conformando un centro de traballo cooperativo para profesionais da saúde”.
ORGÁNI(ca) é un espazo pioneiro, un centro de coidado e acompañamento corporal para acoller distintas especialidades como a osteopatía acuática. Ao fronte está Corina Domínguez, que tras unha longa traxectoria en París (Francia) decidiu volver a Galicia para abrir este centro.
Corina imparte sesións de osteopatía acuática e en camilla, e valora moi positivamente os primeiros días xa que “a xente vén cunha idea do que é a osteopatía e marcha con outra diferente e máis liberada”. Por iso, Corina aconsella “ir, velo e probalo”.
O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, cree que “este centro é o reflexo de que A Guarda é unha localidade onde emprender e apostar polo comercio local, tamén en disciplinas máis descoñecidas, como a osteopatía”.
“Noutros países a osteopatía xa é máis coñecida e con carreira propia, pero en España aínda é unha novidade”, asegura Corina, quen define a osteopatía como “ciencia, rigor e saúde”. Nas sesións de osteopatía ofrécese un enfoque xeral e global da medicina patolóxica en busca dun benestar completo.
Ademais, ORGÁNI(ca) conforma un centro de colaboración para profesionais da saúde, con ata 6 gabinetes. Nun deles, Elena Arias ofrece sesións individualizadas de pilates e ximnasia acuática. Corina pensa que “este espazo de coworking busca ser un centro onde os profesionais da saúde podan desenvolver a súa carreira, sobre todos, aqueles que acaban de rematar os seus estudos e ter un espazo propio é moi complicado”.
Desexámoslle moita sorte a ORGÁNI(ca).

Ningún comentario:
Publicar un comentario