"Música e Palabras": comeza unha nova tempada
• Este venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
Este venres, día 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa de Montes de Camposancos, comezará unha nova tempada de "Música e Palabras". Unha actividade cultural que cada primeiro venres de mes organizamos dende xa fai oito anos, e que tan boa acollida ten entre as personas que gustan de escoitar música en directo, recitar algún tema poético propio ou de autor, así simplemente para pasar uns momentos de ouvinte. Todo nunha hora que se remata tomando un viño do Rosal, agasallo de Viano e uns petiscos, mentres se fai unha grata convivencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario