2 de xan. de 2026

TUI

A IV San Silvestre Solidaria foi unha festa deportiva e solidaria que reuniu a 2.000 persoas   

Dúas mil persoas percorreron as rúas da cidade, o paseo fluvial e o conxunto histórico
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Toda unha festa foi a celebración, o pasado mércores, da IV San Silvestre Solidaria. Dúas mil persoas percorreron as rúas da cidade, o paseo fluvial e o conxunto histórico, nun evento que en só catro edicións se ten consolidado, batendo récord e participación cada ano.   

 O frío matinal combateuse con humor, deporte, festa e solidariedade nunha proba organizada conxuntamente polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui. Dende ás 9 h os máis madrugadores recolleron os seus dorsais no Espazo Sociocultural, para ás 10.30h iniciar o percorrido de catro quilómetros por lugares tan emblemáticos como a praza de San Fernando, a beira do río Miño e a propia Corredoira que foi o lugar de inicio e de remate deste evento festivo. A solidariedade estivo tamén moi presente a través das doazón realizadas para a Asociación Española contra o Cancro.   

 Tras repor forzas no avituallamento e con chocolate quente a festa continuou tomando ás uvas ás 12 h coas badaladas do reloxo da praza da Inmaculada, e a música continuou nunha mañá festiva que se viviu na rúa.   

 A programación de Nadal prosegue até o próximo luns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario