16 de xan. de 2026

O PORRIÑO

Os veciños da urbanización Sol seguen agardando as reparacións prometidas fai dous anos 

 Unha obra de 850.000 € anunciada polo alcalde no 2023 segue sen executarse mentres continúan as filtracións de auga hacia os garaxes 


Praza do Sol
Foto: G.M. PSdeG-PSOE

Grupo municipal do PSdeG-PSOE de O Porriño

 O 8 de outubro de 2023, o Concello trasladou aos medios de comunicación a noticia da renovación da Praza do Sol, recoñecendo expresamente a existencia de filtracións de auga e asegurando que a intervención permitiría poñer fin a esas deficiencias que viñan afectando á veciñanza desde hai tempo. 

 Dende o PSdeG-PSOE de O Porriño denunciamos a situación de abandono real e continuado da Praza do Sol (Urbanización Sol), malia que o goberno municipal anunciase, fai máis de dous anos, unha actuación de máis de 850.000 € destinada, segundo o propio alcalde, a solucionar problemas estruturais e converter o espazo nun lugar “máis amable e inclusivo”. 

 Na actualidade, as filtracións seguen ahí e as obras son inexistentes atopando unha praza con danos agrabados dende o anuncio das obras: humidades recorrentes, deterioro do espazo común e ausencia total de información para os veciños e veciñas sobre cando se vai actuar. 

 “O alcalde dixo públicamente que esta obra era necesaria e urxente. O que non explicou é por que, despois de anunciala, deixou a Praza do Sol completamente abandonada” subliñan dende o PSdeG, a sensación entre a veciñanza é de abandono absoluto, ata o punto de que moitos residentes coinciden en que nunca viran a Praza do Sol nun estado tan descoidado, malia ser protagonista dun anuncio institucional de gran impacto económico. “Hai máis titulares ca nunca, pero menos mantemento ca nunca. Iso non é gobernar, é facer propaganda” sinalan. 

 Os socialistas consideran especialmente grave que o goberno municipal utilizase un problema serio como o das filtracións de auga para xustificar un anuncio dunha obra de 850.000 €, que non se traducíu en ningunha mellora real, deixando á veciñanza coa mesma situación e cunha evidente sensación de engano. 

 “Isto non é un atraso administrativo nin un problema técnico. Isto é un incumprimento político claro”. O caso da Praza do Sol exemplifica un modo de gobernar baseado no autobombo e anuncio permanente, no que os barrios serven para facer notas de prensa pero non para recibir solucións reais aos seus problemas. “Os veciños non viven das promesas nin das declaracións do alcalde. Viven cos problemas, e estes seguen sen resolverse”. 

 Desde o PSdeG-PSOE de O Porriño esiximos explicacións públicas sobre que aconteceu coa obra de 850.000 € anunciada en outubro de 2023, por qué non se executou e cando se van solucionar definitivamente as filtracións e o abandono da Praza do Sol. O Porriño non precisa máis anuncios: precisa feitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario