9 de xan. de 2026

FORMACIÓN

O CENTRO DE FORMACIÓN AIXOLA IMPARTIRÁ UNHA FORMACIÓN EN RESTAURACIÓN DE EMBARCACIÓNS MENORES

 Comezará o día 5 de febreiro de 2026



Culturmar / Marín

 O Centro de Formación Aixola está a piques de iniciar unha formación en restauración de embarcacións menores en madeira (350 horas) o 4/02/2026 en horario de tarde polo que rogamos difusión por se algún soci@ estivese interesad@ en formarse na reparación de embarcacións de madeira, e poder aplicar eses coñecementos as embarcacións da asociación.   

COMPETENCIAS XERAIS 

 O alumnado aprenderá a avaliar e reparar danos en estruturas, superficies e acabados de madeira.   Ao final do curso, o alumnado comprenderá como realizar reparacións eficaces e acabados profesionais en embarcacións de madeira, aplicando criterios de calidade e cumprindo as normas de seguridade laboral e protección ambiental.  

CONTIDO   

MÓDULO 1 Prevención de Riscos Laborais no Posto de Traballo 

MODULO 2 Preparación de espazos e Saneamento de pezas a reparar    

MÓDULO 2B Elaboración de patróns   

MÓDULO 3 Elaboración de pezas a substituir 

MÓDULO 4 Montaxe de pezas 

MÓDULO 5 Selado e acabado de pezas  

PREINSCRIPCIÓNS:  

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=TFiFx_NO4U-tNaUVBWLgWidrtIUWCJFCmFKzzCp89O9UQ0YyTUY3QVJRSzhUWUo0V1BVVTVOMkdKNy4u    

MAIS INFO: https://aixola.cetmar.org/oferta-formativa-2026/

Ningún comentario:

Publicar un comentario