Convocada sesión ordinaria da Comisión Informativa de Urbanismo
• Para o xoves, 22 de xaneiro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
Por resolución da alcaldía de A Guarda, vén de ser convocada sesión ordinaria da Comisión Informativa de Urbanismo para o xoves, 22 de xaneiro de 2026, ás 8:30 horas, na Casa do Concello, sita en praza do Reló, nº 5 (A Guarda).
Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 24.09.2025.
2. Expediente 1248/2024. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 5/2025.
3. Expediente 1433/2024. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 6/2025.
4. Expediente 917/2025. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 7/2025.
5. Expediente 2521/2022. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 8/2025.
6. Expediente 86/2026. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN DO USO DOTACIONAL DA PARCELA “P4-SER” DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE “A SANGRIÑA” PARA USO DOTACIONAL DEPORTIVO.
7. ROGOS E PREGUNTAS.
Convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Económicos
• Para o xoves, 22 de xaneiro ás 09:00 horas, na Casa do Concello
Asemade, por resolución da alcaldía de A Guarda, vén de ser convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Económicos, para o xoves, día 22 de xaneiro de 2026, ás 9:00 horas, na casa do Concello.
Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 19.11.2025.
2. Expediente 151/2026. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN DE INCREMENTOS SALARIAIS EN VIRTUDE DO REAL DECRETO LEI 14/2025 (2,5% PARA 2025 E 1,5% PARA 2026).
3. ROGOS E PREGUNTAS.
Convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios
• Para o xoves, 22 de xaneiro ás 09:30 horas, na Casa do Concello
Por último, por resolución da alcaldía de A Guarda, vén de ser convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios, para o xoves, día 22 de xaneiro de 2026, ás 9:30 horas, na Casa do Concello.
Os asuntos da convocatoria son os seguintes:
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 19.11.2025.
2. Expediente 3174/2025. PROPOSTA ALCALDÍA COMPATIBILIDADE ANTONIO HERNÁNDEZ CRESPO.
3. Expediente 2516/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL NOVA ORDENANZA AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL.
4. Expediente 10/2026. PROPOSTA ALCALDÍA DELEGACIÓN COMPETENCIAS E ADHESIÓN CONVENIO AGASP PROCESOS SELECTIVOS 2026.
5. ROGOS E PREGUNTAS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario