16 de abr. de 2025

A GUARDA

O Grupo Socialista da Guarda presenta unha moción para solicitar á Xunta a instalación de gaiolas-trampa no Monte Trega 

 Ante os problemas causados polo xabaril 

 

Vista das persoas que asistiron á reunión na Guarda con motivo dos danos polo xabarín
Foto: GMS


Infogauda / A Guarda

 O Grupo Municipal Socialista da Guarda vén de presentar, a través da sede electrónica, unha moción dirixida ao Pleno da Corporación na que solicita ao Concello que inicie os trámites necesarios coa Xunta de Galicia para a instalación de gaiolas-trampa no Monte Trega, como medida de control fronte a cada vez máis recorrente presenza de xabaríns en zonas habitadas.  

 A moción é o resultado directo das reunións veciñais celebradas en Camposancos e na Guarda, que contaron con moita afluencia, e durante as que se recolleron numerosos testemuños de persoas afectadas por encontros directos con xabaríns, danos en cultivos ou propiedades privadas, e situacións de risco nas estradas, incluído un incidente que estivo a piques de afectar a un autobús escolar.  

 Desde o Grupo Socialista destacan que esta proposta non responde a unha visión alarmista nin pretende criminalizar a fauna salvaxe, senón dar resposta á preocupación cidadá con medidas proporcionadas, realistas e adaptadas á realidade do Monte Trega, onde non está permitida a caza.  

 “Tras falar co persoal técnico da Xunta de Galicia, chegouse á conclusión de que a mellor medida para o control do xabarín no Trega son as gaiolas-trampa, unha ferramenta de control selectiva e controlada, axeitada para espazos nos que non se pode empregar a caza e onde se require unha actuación puntual sobre exemplares que provocan problemas recorrentes. A súa instalación permite actuar con seguimento técnico e sen riscos innecesarios, tanto para as persoas como para o resto da fauna.”, sinala a voceira socialista, Fátima Rodríguez.  

 O texto da moción tamén solicita ao Concello que recolla formalmente as queixas e incidencias da veciñanza para xustificar tecnicamente a petición, e fai un chamamento a todas as forzas políticas da Corporación a apoiar a proposta conxuntamente, “como un paso responsable e necesario para protexer as persoas, os cultivos e a convivencia co medio natural”.  

 A voceira tamén sinala: “Entendemos que poida haber diferentes opinións sobre a xestión da fauna, pero negar o problema non o resolve. O que estamos facendo é dar unha resposta á preocupación da xente cunha proposta sensata, adaptada ás peculiaridades do noso territorio e pensada para protexer tanto ás persoas como ao propio entorno”.

DEPORTES

FÚTBOL

1ª Autonómica Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO TYDE F. C.

 Este domingo día 20 de abril, ás 17:30 horas, no Campo Municipal de Fútbol A Sangriña

 O atleta Borja Cadilla efectuará o saque de honra no partido




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés prepárase para recibir ao Tyde, F.C., líder da clasificación da 1ª Autonómica Grupo 6, equipo que ten moitas probabilidades de gañar á liga.

 O socio do Sporting Guardés, usuario do centro San Xerome, e activo deportista, Borja Cadilla Lomba, efectuará o saque de honra, xa que o pasado día 2 deste mes, conmemorouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. 

 Con 69 puntos no seu haber, logrados nas 29 xornadas precedentes, nas cales gañou 21 encontros, empatou en 6, e perdeu en 2 ocasións; o conxunto de Tui, ten realizado unha magnífica temporada 2024-2025, e moi mal tería que irlle no que resta de competición para non lograr o título de campión e o conseguinte ascenso de categoría.

 O Sporting Guardés, pola súa banda, que ten feito tamén unha moi boa campaña, conta con 50 puntos, logrados tamén en 29 partidos disputados, dos cales logrou a vitoria en 14 ocasións, habendo empatado en 8, e asumindo a derrota en 7 encontros.

 Dese xeito, o encontro deste domingo presenta moito aliciente, tanto para os seareiros visitantes como para os afeccionados de A Guarda. Será unha oportunidade para gozar cunha tarde de fútbol de máxima rivalidade comarcal.

DEPORTES

O Clinic do R. C. Celta formou na Guarda a 26  rapaces de 4 a 14 anos  

 

O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, co concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, e o concelleiro de Infraestructuras, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Persoal, Isidro Lomba Lorenzo; co presidente do Sporting Guardés, Víctor Manuel Lomba González; e Martín Varela, un dos adestradores do curso impartido no campo municipal de fútbol A Sangriña
Fotos: C.A.G.
Representantes municipais, técnicos, nenos participantes no curso e familiares, no acto final do evento deportivo

        

 Infogauda / A Guarda

 Un total de 26 nenos de A Guarda desfrutaron estes días do Clinic que o R.C. Celta de Vigo organizou no campo municipal de fútbol da Sangriña.  

 Coa colaboración do Concello de A Guarda e do Sporting Guardés, esta actividade permite á rapazada seguir fortalecendo as habilidades futbolísticas, sen esquecer os valores do deporte.  

 Esta terceira edición volveu a ser unha oportunidade para que os nenos adestraran, aínda que fose por uns días, como os seus xogadores favoritos. Ademais de aprender e mellorar o seu xogo e habilidade, a diversión tamén reinou no campo da Sangriña. 

 “Foi moi fácil traballar con eles; son supereducados”, destacaba un dos seus adestradores estes días, Martín Varela. Ademais, “agardamos volver o ano que vén, aínda que falaremos co alcalde para que nos mellore o tempo”, engadía Varela, sobre os días de chuvia nos que lle tocou traballar.  

 Aínda así, os nenos guardeses aproveitaron ao máximo esta oportunidade e como dixo Víctor Manuel Lomba, presidente do Sporting Guardés: “esta é a terceira edición, mais agardamos que haxa máis”.  

 Para rematar o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero quixo agradecer ao R.C. Celta por elixir A Guarda para esta actividade, agardando “que de aquí saian moi bos xogadores tanto para o Sporting Guardés, como para o Celta de Vigo”. O Celta agasallou ao Sporting Guardés e ao Concello de A Guarda cun banderín de capitán co escudo do club vigués.

A GUARDA

Formación dixital de xeito divertido para a adolescencia de A Guarda   

  15 rapaces e rapazas de A Guarda participaron no Campamento Dixital que se desenvolveu na Aula CeMIT


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isidro Lomba Lorenzo, no acto de entrega dos diplomas de asistencia ao Campamento Dixital

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Nestes días sen colexio, 15 rapaces e rapazas de A Guarda participaron no Campamento Dixital que se desenvolveu na Aula CeMIT.  

 Os participantes, de 9 a 13 anos, aprenderon as ferramentas necesarias para desenvolverse na contorna dixital. Neste eido, o alcalde Roberto José Álvarez Carrero recalcaba que “moitas das cousas que aprendestes estes días, vanvos servir para os vosos estudos”.  

 Os alumnos e alumnas aprenderon sobre programas que “serán básicos para a súa formación de agora en adiante”, como destacaba Malena, a monitora do Campamento Dixital. Deste xeito, durante estes días aprenderon como buscar información de valor na Internet, navegar con seguridade e facer posibles as súas ideas co uso adecuado da tecnoloxía.  

 Con esta iniciativa búscase a formación tecnolóxica e dixital que en ocasións a rapazada non pode ter pola brecha dixital ou pola brecha xeracional.  

 Para rematar a actividade, esta mañá, entregáronselle uns diplomas polo aproveitamento deste Campamento, cuxas leccións serviranlles para un uso mellor e seguro das tecnoloxías.  

 Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI)  en colaboración co Ministerio de Xuventude e Infancia e o financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea.

A GUARDA

A Guarda vai celebrar o Día do Libro 

 Cun contacontos na Biblioteca Municipal  

  


Infogauda / A Guarda 

 O día 23 de abril celébrase o Día do Libro, e para conmemoralo a Biblioteca Municipal de A Guarda vai traer o mércores 23, ás 18:30 horas, un contacontos para os máis pequenos da casa. A entrada é libre ata completar a cabida.

 Bandullo Azul presenta o contacontos “Os contos do gato”. O gato Fazulas chega cunha chea de contos, xa que lle encanta compartir historias que el mesmo vive como se fose o protagonista.   

 Este gato dormilón, comilón e algo vacilón trae consigo ao seu amigo o Profesor e ambos veñen con moitas ganas de pasalo ben.    

 Deste xeito, os máis pequenos aprenderán a importancia da lectura e o poder das historias e dos contos. 

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 634 - “Através da Noite” de Woody Allen  

Quinta-feira, 17 de abril às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “(…) De carácter episódico, o filme é marcadamente uma comédia, onde Sean Penn é o fulcro de todo o humor, como o é de toda a história.  

 Tendo como pontos altos as interpretações musicais, e a descrição nostálgica de uma era quase mítica, com o olho para o detalhe típico de Allen quando se dedica a este período. Destacam-se ainda as bem conseguidas interpretações de Samantha Morton (a muda, que espalha encanto e delicadeza sem proferir uma palavra, e foi instruída para interpretar como Harpo Marx) e Umma Thurman (no papel da exuberante intelectual que usa os amantes para obter matéria para os seus livros).  

 Como ponto mais fraco, o facto de o filme se perder um pouco numa história quase sem rumo, nem desenvolvimento que não seja a observação de um personagem que comete sempre os mesmos erros.  

 Sendo, por estas razões, uma comédia desprensiosa e cativante (como o citado “Os Dias da Rádio”), “Através da Noite” conseguiu uma boa resposta do público, e mais duas nomeações para os Oscars (Melhor Actor – Penn, e Melhor Actriz Secundária – Morton).  

 A guitarra de Emmet é tocada na banda sonora pelo guitarrista Howard Alden, que foi o professor de guitarra de Sean Penn para o filme.”    

ajanelaencantada.wordpress.com/2013/08/07/atraves-da-noite-1999/     

FICHA TÉCNICA:  

Título original: Sweet and Lowdown, 1999, EUA  

Realização: Woody Allen  

Produção: Jean Doumanian  

Argumento: Woody Allen  

Fotografia: Fei Zhao  

Montagem: Alisa Lepselter  

Figurinos: Laura Cunningham Bauer  

Arranjos e Direcção Musical: Dick Hyman  

Direcção Artística: Tom Warren  

Duração: 95 minutos  

FICHA ARTÍSTICA:  

Anthony LaPaglia (Al Torrio)  

Brian Markinson (Bill Shields)  

Gretchen Mol (Ellie)  

Samantha Morton (Hattie)  

Sean Penn (Emmet Ray)  

Uma Thurman (Blanche)  

James Urbaniak (Harry) 

John Waters (Mr. Haynes)  

Tony Darrow (Ben)  

Brad Garrett (Joe Bedloe)  

Woody Allen (O próprio)



Programação    

Ciclo Cinema e Jazz   

17 de abril (quinta-feira), “Através da Noite, Woody Allen, EUA, 1998, Sessão 634 (M/12)  

24 de abril (quinta-feira), “Bird, Clint Eastwood, EUA, 1998, Sessão 635 (M/12)




O ROSAL

Miradoiros e lendas por descubrir na segunda andaina interpretativa de 2025  

 O Concello organiza unha ruta ata o Niño do Corvo o vindeiro 27 de abril. Necesaria inscrición previa na web ou no Rexistro do Concello  

 


Infogauda / O Rosal 

 Subir ata un dos miradoiros Rosal, escoitar lendas antigas entre penedos furados e rematar baixando por antigas minas de ouro. Así será a segunda andaina interpretativa deste 2025 organizada polo Concello, que terá lugar o domingo 27 de abril ás 10:00 horas da mañá e que promete converterse nunha experiencia inesquecible para amantes da natureza e do patrimonio. 

 Nesta ocasión, as persoas participantes ascenderán ata o Niño do Corvo a 312 metros de altitude, visitarán a Pedra Furada, coñecerán historias e crenzas populares da zona e rematarán o percorrido descendendo polas antigas minas de ouro das Bornas. Un percorrido de 9 quilómetros e dificultade moderada que destaca polo seu enorme interese paisaxístico, con espectaculares miradoiros naturais sobre a foz do Miño e o monte Tegra, así como polos seus valores históricos e arqueolóxicos, que serán comentados ao longo da andaina por persoal especializado. 

 “O programa das andainas interpretativas é unha aposta clara polo turismo sostible, activo e con identidade. Queremos que quen nos visite pero tamén quen viva aquí poida descubrir o Rosal a pé, sentindo o territorio, escoitando as súas historias e coñecendo a súa riqueza natural e cultural”, explica o concelleiro de Turismo e Deportes, José Carlos Martínez Crespo. 

 As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente, a través do formulario habilitado na web do Concello ou no Rexistro. Unha vez pechada a inscrición, enviarase por correo electrónico toda a información práctica, incluíndo o punto de saída, recomendacións sobre roupa cómoda, comida, auga e a declaración responsable necesaria para participar.

O ROSAL

A Mata convértese na capital do fútbol base con máis de 250 nenos participantes no XIII ORosalCup  

 O torneo internacional organizado pola UD Ribera reunirá esta Semana Santa a equipos galegos e portugueses da categoría infantil nunha gran festa deportiva  

 

O concelleiro de Deportes e Turismo, José Carlos Martínez Crespo - no centro - con dous directivos da UD Ribera, na presentación do torneo internacional ORosalCup
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 Dous días de fútbol intenso, emocións a flor de pel e máis de 250 nenos deixando o alma no campo. O Rosal volverá converterse esta Semana Santa nun punto de encontro para o mellor fútbol base coa celebración dunha nova edición do torneo internacional ORosalCup, unha cita xa emblemática que terá lugar os días 18 e 19 de abril nas instalacións deportivas do campo da Mata. 

 Nesta décimo terceira edición, o torneo reunirá a 14 equipos infantís, incluíndo clubs de referencia da categoría autonómica galega e equipo portugueses, consolidando o carácter internacional do evento. A competición dividirase en dúas xornadas: unha fase preliminar o venres 18, onde catro equipos loitarán por un posto na final; e unha xornada o sábado 19 na que os mellores clubs entrarán en xogo para coroarse campións desta edición. 

 “O ORosalCup é moito máis ca un torneo: é un espazo de encontro, de valores e de futuro. É un orgullo ver como unha iniciativa que naceu da paixón polo deporte medra ano tras ano e converte o Rosal nun punto neurálxico do fútbol base galego e luso”, sinala a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís. A rexedora, sinalou que este torneo internacional “é tamén unha mostra do noso compromiso por apoiar o deporte de base e poñer en valor a nosa vila como destino activo e dinámico, tamén en Semana Santa”. 

 O evento, organizado pola UD Ribera co apoio do Concello do Rosal, atraerá a centos de persoas, entre xogadores, adestradores, familias e afección, xerando tamén impacto positivo no tecido local. 

 Pola súa banda, o concelleiro de Deportes e Turismo, José Carlos Martínez Crespo, puxo en valor o esforzo da organización. “Queremos agradecer moi especialmente á UD Ribera o seu traballo constante, non só facendo posible este torneo edición tras edición, senón tamén polo seu compromiso continuo coa promoción do deporte base no Rosal. O ORosalCup é xa unha cita marcada no calendario deportivo da comarca, unha fin de semana onde o compañeirismo e a ilusión pisan forte en cada recuncho do campo”. 

DEPORTES

 XIII TORNEO INFANTIL O ROSALCUP

 Os días 18 e 18 de abril de 2025, no campo municipal da Mata (O Rosal)






U. D. RIBERA / O Rosal

 Este ano participan 15 equipos divididos en dous días, competindo nunha fase previa o venres con equipos da zona como A.D.Tomiño, Sporting Guardés, e U.D. Ribera - actuando como local -, A.C. Caminha,etc, onde o vencedor gañarase unha praza na fase final.

 Na fase final participarán equipos de máxima categoría como o Braga, Pontevedra, Pavillón Ourense, etc. 

 Máis de 300 xogadores reúnense no que é o mellor torneo infantil de Galicia.  
 Pódense consultar os horarios en redes sociais  @Orosalcup e @Udriberaorosal.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Parque Empresarial de Cerveira – Polo V inaugurado com a totalidade dos lotes adjudicados  


A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira inaugurou, esta quarta-feira, o Polo V do Parque Empresarial de Cerveira, na Freguesia de Sapardos, numa área total de 32.602 m2

Foto: C.M. V. de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Comprometida com o desenvolvimento económico do território, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira inaugurou, esta quarta-feira, o Polo V do Parque Empresarial de Cerveira, na Freguesia de Sapardos, numa área total de 32.602 m2. Os 12 lotes de dimensões idênticas (2.700 m2 cada) já estão adjudicados a operadores económicos de áreas de intervenção diversificadas, após concluídas duas fases de hasta pública.     

 “O concelho de Cerveira mantém a trajetória ascendente de uma procura permanente de espaços para implementar novas dinâmicas económicas, pelo que esta nova área de acolhimento empresarial vem colmatar essa carência”, explicou o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, assegurando que este investimento em Sapardos tem ainda a singularidade “de apostar no desenvolvimento do interior do concelho, promovendo uma maior coesão territorial e a melhoria da atratividade, da competitividade e da prosperidade de Vila Nova de Cerveira e das suas empresas”.  E acrescentou: temos uma estratégia em cadeia: criar condições e fazer crescer, por isso, com cada vez mais empresários a procurar Vila Nova de Cerveira, ainda se pode alargar esta área empresarial pois tem margem de crescimento”.  

 Com uma localização estratégica junto ao nó da A3, a construção do Parque Empresarial de Cerveira – Polo V teve em conta a preocupação de otimizar a integração da infraestrutura o melhor possível na topografia existente, tendo sido criadas quatro plataformas, a diferentes cotas, com a instalação de três lotes em cada, como forma de minimizar o movimento de terras e reduzir o ruído visual. O acesso aos lotes é feito de forma individual e diretamente da via existente integralmente remodelada, no âmbito deste projeto.  

 Os trabalhos foram concluídos em 2024, tendo sido promovida a primeira hasta pública de seis lotes nesse mesmo ano, e um segundo procedimento em março, também com seis lotes. A instalação das primeiras empresas deve começar ainda no decorrer de 2025, havendo áreas de atividade como construções de edifícios; construção civil e obras públicas; comércio a retalho de material de bricolage; panificação; montagem e trabalhos de carpintaria e caixilharia; transportes rodoviários de mercadorias; engenharia e logística; construção de pontes e tuneis; fabricação de estruturas de construções metálicas.     

 O investimento da obra ascendeu a um investimento de 1.275.225,55€, cofinanciado pelo Programa Operacional Regional do Norte 2020, através de um fundo FEDER de 667.285,25€.  Vila Nova de Cerveira tem sido um dos concelhos precursores da industrialização, mudando o paradigma da vida quotidiana dos alto-minhotos. Na década de 80 e, sobretudo de 90, a Câmara Municipal promoveu a construção de dois loteamentos industriais de cariz municipal que rapidamente esgotaram, estando instaladas cerca de 40 unidades empresariais. De foro privado, há o Parque Industrial do Fulão, e recentemente um IV polo afeto à empresa João Pires Internacional Transportes Lda, de armazenagem e apoio logístico, com uma área total de cerca de 25.000 m2. A estes quatro polos industriais, localizados nas freguesias de Campos, Vila Meã e Cornes, juntam-se o polo V na Freguesia de Sapardos.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Olympics4All reafirma distinção de boa prática a nível europeu. Nova replicação em curso 

   

A cerimónia de entrega de prémios URBACT City Festival 2025 decorreu, na semana passada, em Breslávia, Polónia
Foto: C.M. V. de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 O projeto Olympics4All, liderado pelo Município de Vila Nova de Cerveira, voltou a ser distinguido a nível europeu, no âmbito das “Boas práticas URBACT IV”. A cerimónia de entrega de prémios URBACT City Festival 2025 decorreu, na semana passada, em Breslávia, Polónia, permitindo a partilha desta boa prática a mais cidades europeias.  

 Durante este encontro, Vila Nova de Cerveira foi ainda convidado a apresentar comunicação na sessão paralela “Cidades Inclusivas”, dando a conhecer mais detalhadamente a evolução e os resultados do Olympics4All na saúde e bem-estar social da população sénior, consolidando a oportunidade para incentivar outras cidades europeias a implementar este projeto de envelhecimento ativo, que pode abranger a inclusão social de outros grupos vulneráveis.     

 Para o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, esta distinção veio corroborar o enorme potencial de replicação do projeto. "Este foi um momento de captação de potenciais parceiros europeus, tendo sido muitos os municípios a manifestar interesse em replicar a iniciativa. Neste momento, em cima da mesa está sermos líderes de uma Rede de Transferência URBACT através uma Call for Transfer Networks que se encontra aberta até junho”, afirmou.     

 Bem enraizado na comunidade cerveirense, o projeto ‘Olympics4All’ (Erasmus+) foi lançado, em 2015, pelo Município de Vila Nova de Cerveira para promover o envelhecimento ativo. Inicialmente planeado como um evento único, a sua popularidade entre os participantes levou a parceria com os restantes nove municípios do Alto Minho a promoverem treinos semanais e a financiarem competições anuais, tendo por base algumas das premissas dos Jogos Olímpicos.     

 Com o objetivo de replicar esta boa prática noutros territórios envelhecidos foram implementados os projetos IN COMMON SPORTS e IN COMMON SPORTS + (ERASMUS+), que chegaram a Espanha, Itália, Eslovénia, Hungria e Bulgária. Até à data, mais de 1.000 idosos treinam semanalmente e participaram em mais de 30 competições desportivas e jogos intercalares organizados em seis países.     

 Recorde-se que este projeto, que conta já com uma década de existência, tem conseguido distintos reconhecimentos, tendo sido o mais recente, em 2023, ao ganhar o Prémio #BeActive Across Generations. A conquista do selo de Boas Práticas URBACT, com uma pontuação entre 80% e 100%, foi atribuída pelo Comité de Acompanhamento do URBACT, representado pelos Estados-Membros e Parceiros da UE, pela Comissão Europeia, pelos Países do IPA, pelo Comité das Regiões Europeu e pelo Conselho dos Municípios e Regiões da Europa.  

TOMIÑO

Persoal dos concellos de Lugo e Tomiño apoia o proceso de descentralización en Guinea-Bissau  

• Intercambiarán experiencias con técnicos locais para identificar as eivas no sistema de recadación e proporán conxuntamente ferramentas para melloralo 

 O programa Especialistas en Cooperar chega por primeira vez ao país africano da man do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a AECID  


Teresa Vila, técnica de fondos europeos do Concello de Lugo, e Xoán Amós, axente de desenvolvemento local no Concello de Tomiño
Foto: F.G.C.S.

Carmen Novas / Tomiño    

 Persoal técnico dos concellos de Lugo e Tomiño desprazaranse nas próximas semanas a Guinea-Bissau para colaborar na descentralización administrativa da Rexión de Cacheu a través do programa Especialistas en Cooperar, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Intercambiarán experiencias sobre o terreo para mellorar a recadación de impostos e taxas locais.  

 O labor de Teresa Vila, técnica de fondos europeos do Concello de Lugo, e de Xoán Amós, axente de desenvolvemento local no Concello de Tomiño, será compartir coñecementos en materia de finanzas municipais para elaborar unha primeira diagnose das eivas que presenta o sistema de recadación en Guinea-Bissau. O país lusófono non conta polo de agora con municipios formalmente constituídos, senón que as rexións se estruturan en diversos sectores administrativos que precisan fotalecer a súa capacidade de xestión para, deste xeito, promover unha gobernanza democrática e transparente.  

 Neste senso, os especialistas galegos reuniranse con persoal tanto do Goberno Rexional como dos sectores de Cacheu, Canchungo, Bula e Bigene/Ingoré para identificar as carencias e mais as vías para subsanalas, propoñendo de maneira conxunta ferramentas alternativas que melloren a recadación para que esta redunde, á súa vez, no benestar da poboación a través das políticas e os servizos públicos. Por outra parte, aproveitarán para supervisar os proxectos de cooperación internacional impulsados polo Fondo Galego en Guinea-Bissau en materia de abastecemento de auga e educación da infancia.  

 “A nosa presenza contribuirá a concienciar sobre a importancia de certas accións para favorecer o desenvolvemento local e a reforzar as capacidades do funcionariado para levalas a cabo”, comenta Teresa Vila, que ve ademais esta experiencia como unha “aprendizaxe vital”. Para Xoán Amós, participar no programa Especialistas en Cooperar supón “poñerse a disposición da poboación local para axudarlles a acadar os seus obxectivos”, neste caso, “incrementar os ingresos públicos para reinvestilos en servizos para a sociedade”, e subliña o feito de “involucrarse en proxectos que teñen realmente un impacto positivo e eficaz”.  

 Unha ducia de traballadoras e traballadores de nove concellos galegos presentaron a súa candidatura para participar na terceira edición de Especialistas en Cooperar, que se desenvolve en Guinea-Bissau e Cabo Verde. Alén da formación e a experiencia, valorábase a vinculación co eido da cooperación e do desenvolvemento sostible. A iniciativa conta co financiamento da Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, no marco dun programa máis amplo a catro anos encamiñado a fortalecer as capacidades locais nestes países.  

Cooperación técnica 

 A cooperación técnica é unha das ferramentas máis potentes e distintivas da cooperación internacional ao desenvolvemento impulsada polos gobernos locais, pois supón aproveitar o know how dos municipios para reforzar as capacidades das administracións públicas e asociacións das sociedades máis desfavorecidas, facilitando respostas profesionais e formación adecuada ás súas necesidades. Ese é precisamente o principal obxectivo de Especialistas en Cooperar, que tamén favorece o intercambio de experiencias e un maior coñecemento da realidade dos países que o Fondo Galego está a apoiar.  

 A través de Especialistas en Cooperar e mais do anterior programa de voluntariado internacional para persoal municipal, Vacacións con Traballo, desde o ano 2005 un total de 55 empregadas e empregados da administración local teñen colaborado cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Nicaragua, Cuba, Perú, Mozambique e Cabo Verde, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e xerando fluxos de coñecemento compartido. A reconfiguración do programa, que se retomou en 2022 tras ficar suspendido por mor da Covid-19, busca potenciar a súa dimensión de cooperación técnica no marco da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.  

Un dos países máis empobrecidos

 Se ben a República de Guinea-Bissau vén experimentando certo crecemento grazas á subida de prezo do anacardio -a súa principal exportación-, a inestabilidade política ten sido un grave condicionante para o seu desenvolvemento. A isto súmase a destrución do tecido económico e social na guerra civil de 1998, cuxas consecuencias perduran hoxe en día, situándoo entre os dez países máis pobres do mundo. O PIB per cápita é de 753€, mentres que a esperanza de vida se acha nos 58 anos. No entanto, a riqueza natural e cultural de Guinea-Bissau supón un gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter a situación.    

O Fondo Galego 

 O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 115 concellos e as catro deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vai cumprir 28 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

TOMIÑO

O Concello de Tomiño recibiu a visita do Centro San Xerome Emiliani no marco dun programa de formación para a vida independente 

 Durante a súa estancia mantiveron unha reunión cos concelleiros Rubén García e Lois Vázquez


Durante a súa estancia no consistorio, mantiveron unha reunión cos concelleiros Rubén García e Lois Vázquez
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

  O  Concello de Tomiño vén de acoller a visita dun grupo do Centro San Xerome Emiliani, unha entidade de referencia na comarca do Baixo Miño que traballa pola atención integral, a inclusión e a mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional.  

 O grupo estaba composto por participantes do Programa de Vida Independente do Servizo de Adultos e da actividade Transición á vida adulta do Servizo de Educación, que forman parte da ampla oferta de actividades formativas e ocupacionais do centro.  

 A visita enmarcábase dentro do itinerario formativo destas persoas, cun interese especial por coñecer de primeira man o funcionamento da administración local, os servizos municipais dispoñibles e os mecanismos de participación cidadá.  

 Durante a súa estancia no consistorio, mantiveron unha reunión cos concelleiros Rubén García e Lois Vázquez, que lles explicaron o traballo que se desenvolve dende o Concello, respondendo ás súas preguntas e compartindo impresións sobre o día a día da xestión municipal.  

 Tanto desde o Concello como desde o propio centro valorouse moi positivamente esta actividade, que resultou ser unha experiencia enriquecedora e motivadora para todas as persoas participantes. Dende o goberno municipal destacaron “a importancia de abrir as portas das institucións e crear espazos reais de encontro e aprendizaxe compartida”.  

 O Concello de Tomiño agradece ao Centro San Xerome Emiliani o seu interese e compromiso, e expresa a súa vontade de seguir colaborando en iniciativas que promovan a inclusión, a autonomía persoal e a participación activa da cidadanía.   

PONTEVEDRA

O pleno da Deputación non alcanza a unanimidade na defensa de Vigo como sede do Mundial por diferenzas na estratexia de defensa da candidatura dos grupos 

 O grupo Socialista rexeitou unha emenda de substitución do grupo Popular que buscaba o consenso e a súa proposta, dirixida á Xunta e á vicepresidenta provincial, non conseguiu tampouco os apoios do grupo do BNG


Un momento do pleno da Deputación de Pontevedra
Foto: Rafa Estévez

Infogauda / Pontevedra

 O pleno da Deputación non alcanzou a unanimidade na defensa da cidade de Vigo como sede do Mundial de fútbol do ano 2030 por diferenzas na estratexia de defensa da candidatura dos distintos grupos políticos que conforman a corporación provincial. Nunha sesión plenaria extraordinaria celebrada este mércores no salón de plenos do Pazo provincial, a moción presentada polo grupo socialista para esixir ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que apoie a petición do Concello de Vigo para que a RFEF publique os criterios e puntuacións de todas as candidaturas e outros acordos complementarios só contou co voto favorable dos deputados do PSOE, mentres que os do BNG abstivéronse e os do PP, votaron en contra despois de que o grupo socialista rexeitara unha emenda de substitución que buscaba o consenso ao solicitar unicamente á RFEF a inclusión de Balaídos como sede do Mundial.  

 O debate sobre a defensa de Vigo como sede do Mundial de fútbol do ano 2030 xa se debatera no último pleno ordinario da Deputación cunha moción presentada polo grupo popular que amosaba o apoio da Deputación á candidatura de Vigo, esixía á RFEF a publicación dos criterios de baremación e a puntuación de todas as cidades aspirantes e o establecemento dun traballo técnico conxunto entre o Concello e a RFEF para esclarecer os feitos sobre a designación das sedes. Unha proposta que foi aprobada cos votos favorables do grupo Popular.  

 A moción foi rexeitada polos votos en contra do grupo popular e a vicepresidenta Luisa Sánchez foi a encargada de argumentar esta decisión. "Esta moción non esixe ningún acordo nin apoia a candidatura. Non hai nin unha mención a establecer vías de interlocución doa RFEF", comezou a vicepresidenta. "Como Deputación, ninguén pode dubidar da defensa de Vigo como sede: emitimos unha carta de compromiso, asistimos ás reunións técnicas convocadas polo Concello de Vigo e financiamos as obras para rematar o estadio", enumerou Sánchez, quen rematou apelando ao consenso. "O que necesitamos é que Vigo sexa sede do Mundial, por iso optamos por defender a Vigo desde o consenso. Solicitamos que o PSOE acepte a nosa emenda de substitución e que todos os grupos políticos apoiemos que Vigo sexa designada sede do Mundial", concluíu.

ARCOS DE VALDEVEZ

Conselho Municipal de Educação aprova Carta Educativa de 2ª Geração de Arcos de Valdevez

  

A nova Carta Educativa apresenta propostas concretas de reordenamento e requalificação da rede escolar
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Conselho Municipal de Educação de Arcos de Valdevez aprovou, por unanimidade, a Carta Educativa de 2.ª Geração, um documento estratégico que orienta o planeamento e desenvolvimento da rede educativa do concelho. 

 Este importante instrumento resulta de um trabalho articulado entre o Município, os agrupamentos escolares e demais entidades educativas, tendo por base o diagnóstico da realidade socioeconómica e educativa local. 

 A nova Carta Educativa apresenta propostas concretas de reordenamento e requalificação da rede escolar, assentes em três eixos estratégicos: 

 Requalificar os equipamentos da Educação Pré-Escolar e dos Ensinos Básico e Secundário; Promover a qualidade e o sucesso educativo e formativo nas escolas do concelho; Incentivar a oferta do ensino profissionalizante. 

 Com esta aprovação, Arcos de Valdevez dá um passo decisivo na consolidação de uma rede educativa de qualidade, ajustada à realidade demográfica, social e económica do concelho, promovendo a equidade no acesso à educação, o sucesso escolar e a valorização do ensino profissional.