16 de abr. de 2025

A GUARDA

Formación dixital de xeito divertido para a adolescencia de A Guarda   

  15 rapaces e rapazas de A Guarda participaron no Campamento Dixital que se desenvolveu na Aula CeMIT


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isidro Lomba Lorenzo, no acto de entrega dos diplomas de asistencia ao Campamento Dixital

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Nestes días sen colexio, 15 rapaces e rapazas de A Guarda participaron no Campamento Dixital que se desenvolveu na Aula CeMIT.  

 Os participantes, de 9 a 13 anos, aprenderon as ferramentas necesarias para desenvolverse na contorna dixital. Neste eido, o alcalde Roberto José Álvarez Carrero recalcaba que “moitas das cousas que aprendestes estes días, vanvos servir para os vosos estudos”.  

 Os alumnos e alumnas aprenderon sobre programas que “serán básicos para a súa formación de agora en adiante”, como destacaba Malena, a monitora do Campamento Dixital. Deste xeito, durante estes días aprenderon como buscar información de valor na Internet, navegar con seguridade e facer posibles as súas ideas co uso adecuado da tecnoloxía.  

 Con esta iniciativa búscase a formación tecnolóxica e dixital que en ocasións a rapazada non pode ter pola brecha dixital ou pola brecha xeracional.  

 Para rematar a actividade, esta mañá, entregáronselle uns diplomas polo aproveitamento deste Campamento, cuxas leccións serviranlles para un uso mellor e seguro das tecnoloxías.  

 Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI)  en colaboración co Ministerio de Xuventude e Infancia e o financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario