4 de dec. de 2025

PONTEVEDRA

PUNTO VIOLETA NA SEDE DA TGSS EN PONTEVEDRA  

   

Trátase do quinto punto violenta nas oficinas da Seguridade Social na provincia
Foto: S. do G.

Infogauda / Pontevedra

 O subdelegado do Goberno, Abel Losada, acompañado do director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS), Juan Herrera, colocou o punto violeta de información e prevención da violencia machista na sede da TGSS en Pontevedra.  

 Trátase do quinto punto violenta nas oficinas da Seguridade Social na provincia, dado que o pasado mes implementouse nas sedes da TGSS e do INSS de Vigo. Ao longo do ano levarase polo resto das sedes da Seguridade Social da provincia, como Vilagarcía, Ponteareas e O Porriño.  

 Abel Losada subliñou a importancia destes puntos informativos que son máis que unha pegatina, dado que van acompañados dunha formación específica a cargo da xefa da Unidade de Prevención da Violencia de Xénero da Subdelegación, María José Rodríguez. Losada tamén agradeceu a implicación de todo o persoal da Seguridade Social con esta medida.  

 No que vai de ano implementáronse estes puntos tamén en oficinas do Servizo de Emprego (SEPE) e na Axencia Tributaria. Ademais, a Subdelegación impulsou a instalación do punto violenta no aeroporto de Peinador e, en colaboración co Colexio de Farmacéuticos, nas 437 oficinas de farmacia da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario