5 de dec. de 2025

A PASAXE (CAMPOSANCOS)

A Xunta de Galicia destaca o proxecto da cafetería A Rede para a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual   

A Rede dá emprego a dez persoas con discapacidade intelectual 

 

O alcalde de A Guarda e membros do goberno municipal, e  a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. co equipo que participa na cafetería A Rede 

Foto: X.G.


Infogauda / A Pasaxe (Camposancos) A Guarda  

 Esta mañá, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero e os concelleiros, Óscar Alonso Álvarez e Isidro Lomba Lorenzo, acompañaron á directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, á cafetería A Rede, na Estación Marítima, de A Pasaxe (Camposancos).  

 Nesta visita púxose en valor este proxecto do centro especial de emprego de San Xerome Emiliani e deuse a coñecer en máis profundidade. As 10 persoas que traballan na cafetería rotan en quendas de mañá e tarde para ofrecer o mellor servizo.  

 Pola mañá, destacan os seus almorzos, pensados tamén para os peregrinos que chegan a diario de Portugal; e pola tarde destacan as súas elaboracións e agora, co inverno, o chocolate.  

 Todos os participantes no proxecto destacaron a unión de grupo “como unha segunda familia”, e como se apoian nos días malos. Ademais, algúns descubriron a súa vocación pola hostalaría e todos comparten a súa ledicia por ter unha oportunidade laboral coma esta.   

 A través da formación búscase que as persoas con discapacidade intelectual poidan obter un certificado de profesionalidade para exercer un oficio e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral ordinario.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario