O SUBDELEGADO DO GOBERNO ANIMA AOS CONCELLOS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO E PEMES DA PROVINCIA A SOLICITAR AS AXUDAS PARA COMBATER A DESPOBOACIÓN
Infogauda / Pontevedra
Veñen de convocarse as subvencións por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica que ofrecen posibilidades de desenvolver proxectos innovadores que contribúan a fixar poboación no territorio rural da provincia.
No ano pasado estas achegas suscitaron interese dun bo número de municipios da provincia de Pontevedra e, por tanto, o subdelegado anima a tódolos grupos de goberno para que estuden adecuadamente esta convocatoria para presentar proxectos en beneficio do territorio desta provincia.
MITECO convoca axudas por valor de 52 millóns de euros para financiar proxectos innovadores e combater o despoboamento
Hoxe, no BOE
04/12/2025
As axudas contan cun orzamento total de 52 millóns de euros, unha cifra que representa máis do dobre da concedida en 2024.
Ata o 20 de xaneiro de 2026 poderanse presentar as propostas dirixidas a entidades locais, entidades sen ánimo de lucro, Pemes, autónomos e entidades da economía social.
As axudas cubrirán ata o 90% do custo dos proxectos, cun máximo de 300.000 euros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario