4 de dec. de 2025

A GUARDA

A Escola Infantil Municipal de A Guarda abre o martes unha convocatoria extraordinaria     

A maioría das prazas son para xornada completa  




Infogauda / A Guarda 

 A Escola Infantil Municipal de A Guarda abre o próximo día 9 de decembro de 2025 un proceso extraordinario para cubrir as seguintes prazas: 

Aula de 0-1 anos: 1 praza a xornada completa e 1 praza de xornada de tarde. 

Aula de 1-2 anos: 2 prazas a xornada completa e 1 praza de xornada de tarde. 

Aula de 2-3 anos: 7 prazas a xornada completa.  

 A Escola Infantil Municipal axuda ás familias guardesas na conciliación familiar, sobre todo nos primeiros anos dos fillos e fillas, antes do comezo da súa etapa escolar. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 9 ao 15 de decembro.  

 Para maior información dirixirse o departamento de servizos sociais do Concello de A Guarda en horario de 9:00 a 14:00 h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario