Genaro Alonso Martínez, premiado no 60 Concurso de Beléns Afundación
• Por terceiro ano consecutivo, a súa creatividade ten premio
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Con moita satisfacción queremos facernos eco que o artesán Genaro Alonso Martínez, vén de acadar un novo galardón na súa traxectoria como belenista. Logrouno no 60º Concurso de Beléns de Afundación. Trátase dun 5º premio, que vén a confirmar que é unha persoa con moita creatividade, e que co seu inxenio, a partires de materiais xa en desuso, sabe crear beleza e boas vibracións.
Lembramos que Genaro Alonso Martínez xa acadara un 3º e un 2º premio, nas dúas edicións precedentes, de 2023 e 2024, respectivamente. E decir, que co 5º premio deste 2025 son xa tres anos consecutivos colleitando éxitos.
Nesta edición do devandito concurso - no que foron presentados 46 nacementos (31 na categoría xeral e 15 para colectivos menores de 16 años) -, Genaro Alonso presentou un belén montado nun tambor dunha lavadora.
A Sede Afundación de Vigo acolle esta nova edición especial do tradicional Concurso de Beléns. A mostra reúne propostas creativas de centros educativos, entidades sociais, familias e colectivos que manteñen viva unha dás tradicións máis arraigadas do Nadal galego.
Durante o percorrido, o público poderá gozar de beléns construídos con materiais diversos —desde técnicas clásicas ata enfoques contemporáneos e sostibles— que destacan polo seu detalle, expresión artística e espírito participativo. Do 28 de novembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026, esta exposición convida a celebrar a creatividade interxeracional e a vivir o Nadal desde a mirada comunitaria que impulsa Afundación.
Beléns de Genaro Alonso: na Guarda e en Oleiros
Por outra banda, ademáis do belén que un ano máis - e nesta ocasión, ampliado e con máis grupos etnográficos - pode visitarse na Casa dos Alonso, na vila de A Guarda, que está rexistrando centenares de visitas e magníficos e merecidos comentarios, manifestados polas persoas que o teñen visitado; Genaro Alonso ten montado outro nacemento noutras coordenadas xeográficas: na igrexa nova de Santa Cruz (rúa Daniel Castelao, 1 - Santa Cruz de Oleiros - A Coruña), onde o padre José Carlos Alonso exerce como párroco.
Desde 2023 este é o terceiro ano consecutivo que Genaro Alonso monta o nacemento na igrexa nova de Santa Cruz, de Oleiros. E por certo, tal e como lle transmite o padre José Carlos, cunha exitosa acollida.
Parabéns Genaro, por tanto labor e tanta fermosura que sabes ofrecer.

Ningún comentario:
Publicar un comentario