27 de nov. de 2025

TUI

Cinco millóns de cupóns da ONCE divulgan o oitavo centenario da consagración da catedral de Tui por toda España

  Unha fotografía do tempo catedralicio ilustra o cupón do sorteo correspondente ao próximo luns 1 de decembro 


O cupón foi presentado esta mañá en Tui polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde; e o deán da Catedral José Diéguez Dieppa
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 A imaxe da catedral de Tui divúlgase por toda España a través dos 5 millóns de cupóns editados pola ONCE para o sorteo do próximo luns, 1 de decembro, con motivo do VIII Centenario da Consagración da catedral de Tui.  

 O cupón foi presentado esta mañá en Tui polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde; e o deán da Catedral José Diéguez Dieppa.  

 Esta é a segunda ocasión en que Tui é protagonista dun cupón feito polo que alcalde, Enrique Cabaleiro, agradeceu á ONCE esta colaboración reiterada. Nesta ocasión para a difusión dunha “das grandes iconas da cultura e do patrimonio de Tui, de Galicia e do país,  como é a nosa catedral” afirmou Enrique Cabaleiro. O rexedor cualificou de fundamental esta colaboración da ONCE “de promoción do noso patrimonio histórico a través do seu cupón”.  

 Pola súa banda o deán da catedral, José Diéguez Dieppa, destacou que coa dedicación deste cupón a ONCE “está aportando este valor cultural de usar a catedral e a cidade para divulgala en toda España con motivo do centenario” agradecendo esta deferencia.    

 Mentres o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, explicaba que se quixeron sumar a “esta importante efeméride” a través dos 5 millóns de cupóns que están a vendedor os máis de 200 “centinelas da ilusión” como se referiu aos e ás vendedoras da ONCE por todo o territorio nacional.   Isto tamén lle permite continuar co seu importante labor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario