21 de nov. de 2025

PONTEVEDRA

 RECEPCIÓN AO NOVO MANDO DA BRILAT


O subdelegado, Abel Losada, deu hoxe á benvida ao coronel Andrés González Alvarado
Foto: S. do G.

Infogauda / Pontevedra

 O subdelegado, Abel Losada, deu hoxe á benvida ao coronel Andrés González Alvarado, que se incorpora ao mando da Brigada Lixeira Aerotransportable (BRILAT) en substitución do xeneral Pardo de Santayana.     

O coronel, que previsiblemente tomará posesión o próximo día 9 de decembro (o día despois da Inmaculada) está moi vinculado a Pontevedra, dado que aquí pasou 12 anos con distintas responsabilidades, sempre na BRILAT. De feito é a cuarta vez que obtén destino na cidade.     

 Durante a xuntanza ofreceu toda a colaboración da Brilat coa Subdelegación do Goberno e o subdelegado aproveitou para agradecerlles a dispoñibilidade e a axuda prestada durante a emerxencia do apagón, a DANA de Valencia, así como o labor desempeñado durante a operación Centinela. Tamén repasaron a presenza dos efectivos da BRILAT na misión da OTAN en Eslovaquia, anunciando que neste mes de decembro comezarán a ser relevados e, por tanto, a regresar os militares da base pontevedresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario