26 de nov. de 2025

OIA

A XUNTA DE GALICIA SUBVENCIONOU CON 38.000 EUROS MELLORA DE CAMIÑOS NO SERRALLO E AS MARIÑAS, NO CONCELLO DE OIA   

 A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por importe total de máis de 662.000 euros 


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de mellora  de camiños no Serrallo e As Mariñas, no concello de Oia

Foto: X.G.

Infogauda / Oia 

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de mellora  de camiños no Serrallo e As Mariñas, no concello de Oia. Estes traballos foron posibles grazas  a unha axuda da Xunta de Galicia de preto de 38.000 euros.  

 A actuación, que consistiu na substitución do firme destas dúas vías permitirá mellorar a seguridade destas zonas que ademais se atopan próximas a complexos deportivos e de xogo habitualmente usados polos nenos e nenas da zona.   

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 662.000 euros.  

 Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia da colaboración entre institucións e lembrou que a Xunta “seguirá confiando no criterio dos alcaldes e alcaldesas, que son quen mellor coñece as necesidades do seu concello, para optimizar a utilización dos recursos público e facer que os investimentos melloren a calidade de vida dos galegos e galegas”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario