O Concello de A Guarda instala contedores marróns para a fracción orgánica
• O contedor ábrese cunha chave que se debe recoller no Concello
Infogauda / A Guarda
A Guarda xa conta cos contedores de cor marrón para a fracción orgánica. Estes colectores atópanse polo centro urbano e neles pódense botar restos de calquera comida (tamén cunchas, cascas e borras de café), papel de mesa ou de cociña branco ou pequenas cantidades de restos de macetas, podas e flores.
Materiais de hixiene, po, toalliñas, aceites, cabichas, excrementos de animais ou area, ou outros residuos non orgánicos deben tirarse nos contedores adecuados e non no colector marrón. Deste xeito, o Concello de A Guarda avanza na mellora da separación dos residuos e no seu compromiso co medioambiente.
Lembramos que os contedores marróns funcionan con chave e é importante pechalos tras depositar os residuos orgánicos. Toda aquela persoa que queira o kit para a fracción de orgánico (cubiño, bolsas e chave) pode pasar polo Concello a partir de mañá.
Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es.
Esta acción conta coa axuda da Xunta de Galicia e financiamento dos fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para la Transición Ecológica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario