Centro de Formación A Aixola
Nova programación para 2026
Centro de Formación A Aixola / Marín
O 19 de xaneiro comenzamos os novos cursos no Centro de Formación A Aixola!
Todas estas formacións son unha iniciativa da Consellería do Mar, cofinanciadas polos fondos FEMPA, polo que non ten custe para o alumnado (FORMACIÓNS GRATUITAS!)
Os grupos son reducidos (12 persoas) e eminentemente prácticos, con proxectos nos respectivos talleres.
Todos os cursos son presencias en Aixola (Porto de Marín) impartíndose algúns en horario de mañá e outros de tarde (Consultar info na nosa web)
Que cursos haberá no primeiro semestre de 2026?
Neste semestre impartiranse 6 accións formativas cun total de máis de 1.950 horas de formación con caracter gratuito.
Neste semestre impartirase o curso de REPARACIÓN DE EMBARCACIÓNS PNEUMÁTICAS (300 horas)no que se adquiren capacidades para reparar, montar e acondicionar embarcacións pneumáticas (tipo zodiac), bollas inflables e outros elementos.
No taller mecánico levarase a cabo o curso introductorio de ELECTRECIDADE E HIDRÁULICA BÁSICA APLICADAS AO BUQUE (275 horas). neste curso se adquirirán capacidades para instalar, manter e reparar tanto sistemas eléctricos como hidraulicos navais.
Neste periodo reeditarase o cruso que conduce a optención do Certificado Profesional de CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES APARELLOS (408 horas) (con acceso Nivel 2, ESO ou equivalente).
Na área de carpintería realizarase o curso de OPERACIONES AUXILIARES DE RESTAURACIÓN DE EMBARCACIÓNS DE MADEIRA (350 horas) unha iniciación a carpintería de ribeira, con aplicación de diversas técnicas.
Realizarase do mesmo xeito un curso de LAMINADO MANUAL EN POLIÉSTER PARA PEZAS DE USO EN ACUICULTURA E EN CONSTRUCIÓN NAVAL (300 horas) para reparación e construcción de diversas pezas en poliester, empregando diferentes fibras e resinas.
Un curso que realizase en varias áreas do centro é o de OPERACIÓNS POLIVALENTES EN INSTALACIÓNS NÁUTICAS E VARADEROS (320horas)deseñado para adquirir capacidades profesionais básicas nas áreas de madeira, poliester, velería, pneumáticas e mecánica, podendo desempeñar diversas tarefas tanto en mariñas deportivas e instalacións naúticas profesionais.
Requisitos do alumnado
A actividade formativa de Aixola está dirixida a persoas dos seguintes colectivos: Operadores do sector pesqueiro; Pescadores; cónxuxes dos pescadores/mariscadoras autónomos; persoas con titulación ou certificados para traballar no sector pesqueiro. A pertenza ao colectivo correspondente deberá demostrarse documentalmente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario