24 de nov. de 2025

DEPORTES

ATLETISMO

Os atletas Sergio Silva Souto e Nadia Conejo Bascoy,  soben o podio 

 No XXI Cros Internacional de Atapuerca

 

Podio de Sergio Silva Souto
Fotos. Cedidas
:
Podio de Nadia Conejo Bascoy


Redacción Deportes / A Guarda

 Esta pasada fin de semana, a Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), tivo representación no XXI Cros Internacional de Atapuerca, considerado o mellor Cros do mundo. Ata alí desprazouse un bo grupo de atletas do club, entre os que destacaron Sergio Silva Souto e Nadia Conejo Bascoy, que realizaron unha gran carreira e lograron unha quinta posición nas súas respectivas categorías. 

 O tomiñés, en infantil sub14, e a guardesa, en sub12 feminina, volveron demostrar o excelente nivel que están tendo esta tempada. 

 Sergio Silva suma xa un segundo posto en Amorebieta (País Vasco) e un primeiro posto en Ponte Romana (Lugo). 

 Nadia Conejo engade tamén un segundo posto en Amorebieta; un primeiro posto en Ponte Romana; e a vitoria no Cros Itálica (Sevilla). 

 Moitas felicidades a ambos e que sigan crecendo e traendo máis éxitos para a nosa comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario