MÚSICA E PALABRAS
• Este venres, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, en nome propio e no de todas as persoas comuneiras, convida á cidadanía a unha nova edición de Música e Palabras.
Como vén sendo costume, o devandito evento terá lugar na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos (rúa Outeiro, nº 40 A), na liña axial do pobo. Nesta ocasión, será este venres, día 7 de novembro, ás 20:00 horas.
Ainda que xa o temos referido noutras oportunidades precedentes, reiteramos que Música e Palabras é unha proposta aberta a todos os públicos. É decir, non hai ningún tipo de barreiras, tanto para asistir, como para participar de diversos xeitos: recitando poemas propios ou de outras autorías; lendo algún relato breve; interpretando algunha composición musical,...
En definitiva, Música e Palabras é unha proposta totalmente accesible, onde o mellor de todo está en cada unha das persoas que dan sentido a esa feliz iniciativa a cal todos estamos convidados.
Como noutras edicións anteriores, unha vez máis, felizmente, a cantautora María José Baz Martínez, achegaranos súa grata voz e as melodías da súa guitarra. Unha regalía que nos brinda con todo seu agarimo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario