5 de nov. de 2025

A GUARDA

A Casa dos Alonso vai acoller unha exposición de pintura do grupo Grisalla  

Que poderá visitarse do 8 ao 21 de novembro 

  



Infogauda / A Guarda

 O grupo Grisalla, que conta con máis de 20 anos de traxectoria, organiza unha exposición este mes na Casa dos Alonso. A inauguración será o próximo sábado 8 de novembro ás 19:00h e a mostra estará aberta ata o día 21 de novembro.  

 Violeta Arisha Tasende, Jacinto Cajete, Dalia Ponte, José Antonio Fondevila, Ángel Lorenzo Lorem, Francisco Lorente. Remedios Priegue e María Carmen Gago Florenti, son os integrantes do grupo Grisalla que nos achegarán unha escolma das súas creacións artísticas.   

 Todos eles presentan unha proposta artística diferente: arte abstracta, neoexpresionismo,..., en soportes e técnicas moi variadas... 

 Cada un aporta a súa visión da arte con aquilo que os move por dentro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario