A Asociación Mulleres Progresistas da Guarda convida a unha nova sesión do ciclo Cafés-Coloquio: Conversas que inspiran
• Este venres, 28 de novembro, ás 19:00 horas, no local da Comunidade de Montes de Camposancos
Bárbara Domínguez González / Camposancos
A Asociación Mulleres Progresistas da Guarda lembra que este venres, 28 de novembro, terá lugar unha nova sesión do ciclo Cafés-Coloquio: Conversas que inspiran, unha iniciativa pensada para abrir espazos de diálogo sobre temas de actualidade que afectan á comunidade.
Nesta ocasión, a sesión leva por título “Influencia da pornografía na adolescencia” e será impartida por Lucía Pereda, educadora social, quen achegará unha análise rigorosa sobre o impacto do consumo de contidos pornográficos nas persoas máis novas, así como claves para acompañar e previr situacións de risco.
O encontro celebrarase ás 19:00 horas, no local da Comunidade de Montes de Camposancos, e como é habitual, inclúe un pequeno descanso con café para favorecer unha conversa próxima e participativa entre as persoas asistentes.
A Asociación anima a toda a veciñanza a participar neste novo café-coloquio, un espazo aberto, inclusivo e pensado para seguir construíndo comunidade dende a información e o diálogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario