25 de nov. de 2025

A GUARDA

‘Chegar e encher’ porá fin á programación do 25N do Concello de A Guarda   

A obra, creada e interpretada pola actriz Bea Campos, será posta en escea o sábado, 29 de novembro, ás 20:30h no Centro Cultural  




Infogauda / A Guarda  

 A programación especial polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, rematará este sábado coa obra teatral “Chegar e encher”.  A función será posta en escea o sábado, 29 de novembro, ás 20:30h no Centro Cultural de A Guarda.

 Esta obra é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Esta muller era unha nena adorable que tiña todo o que precisaba para ser feliz, pero que nalgún momento tomou decisións que a afastaron dese camiño para levala sobre as táboas dos escenario.  

 “Chegar e encher” é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario