19 de nov. de 2025

A GUARDA

Avelaíña e o Concello de A Guarda únense para  ofrecer un servizo gratuíto de información e asesoramento en saúde mental 


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e a presidenta da Asociación Avelaíña, Neves Piñeiro, no momento da sinatura do convenio de colaboración

Foto: Avelaíña

Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e a presidenta da Asociación Avelaíña, Neves Piñeiro, formalizaron hoxe a sinatura dun convenio de colaboración que permitirá reforzar a atención en saúde mental no municipio. 

 Grazas a este acordo, Avelaíña recibirá unha subvención de 3.000 euros do Concello de A Guarda para o servizo gratuíto de información e asesoramento, dirixido a todas as persoas veciñas que precisen orientación neste ámbito. 

 Este servizo nace para dar resposta ás crecentes demandas da poboación en materia de saúde mental, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas e a promover o benestar emocional na comunidade. 

 Os beneficiarios directos desta iniciativa son persoas con problemas de saúde mental ou que precisan información, así como familiares, persoas coidadoras e profesionais dos ámbitos sanitario, social e educativo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario